Ábrese o prazo de solicitude de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares do Concello de Santiago.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o luns a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (2º Ciclo) e de Educación Primaria para o curso 2020/2021. A partir desde martes 30 de xuño, hai un prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes.

Bases da convocatoria e formularios de solicitude

Publicación da convocatoria no BOP