En ciencias naturais estamos traballando os seres vivos, e máis concretamente estivemos aprendendo sobre a célula; tipos de células, as súas partes, etc...

Para comprender mellor como é unha célula en clase de 5º de primaria recreámolas por equipos con plastilina. Despois ensinámolas ao resto da clase e explicamos o aprendido coas nosas palabras.

Deixámosvos unhas imaxes do proceso e do resultado.