Con motivo do encontro da ONU sobre o cambio climático, estivemos coñecendo e reflexionando sobre o que é e como nos afecta.

Diferentes vídeos axudáronnos a ver as consecuencias e tamén déronnos ideas de como podemos facer, no nosos día a día, para mellorar esta situación. Comprometémonos a producir menos lixo e a reciclar, a empregar menos o coche e máis o bus, ir andando... apagar as luces nas estancias que están baleiras, encher a lavadora en cada lavado... Se todos poñemos un pouquiño podemos conseguir moito!!!!!!!