Convocatoria de bolsas de comedor escolar, adquisición de material e actividades extraescolares do Concello de Santiago.

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria urxente do 1 de xuño do 2021, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2021/2022.
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Documentos relacionados