Estamos xa metidos de cheo no proxecto que nos toca este trimestre. E imos coñecer máis de preto todo o que nos rodea no noso Sistema Solar.

É impresionante pensar como algo tan grande podemos sintetizalo e resumilo nunhas poucas ideas. Algo que vemos só con levantar a vista resulta que o temos a miles e miles de quilómetros. 

Aínda que moitas veces crémonos o centro do mundo a verdade é que con todo isto dásche conta de que es algo pequeniño e minúsculo dentro de todo o Universo que existe, e que nunca chegaremos a entender do todo.


Con todo iso o noso porfolio xa vai collendo forma e cor.