Esta última tarefa do proxecto tivémola que adaptar ás circunstancias que nos tocou vivir nestas últimas semanas, pero a pesar de todo conseguimos realizar a tarefa máis importante, que era entrar en contacto con outra xeración. 

En outros tempos houbésemos feito moitas máis cousas con eles, pero nestes días preparamos unhas postais navideñas para compartir cos amigos da Residencia Raiola. 
Con moito cariño esforzámonos por facer unha letra bonita e clara, e por escribir unha mensaxe nelas de cariño e felicitación das festas nas que nos atopamos.
Ademais, cada un de nós elixiu o modelo que quixo e decorouna con moito esmero.
Deixámosvos algunhas fotos e un vídeo coa nosa felicitación especial para todos eles. 
Moi pronto recibiremos as nosas e tamén volo ensinaremos.