O pasado venres 13 de novembro publicouse a orde que regula a distribución de máscaras por parte da Xunta de Galicia.

Orde do 6 de novembro de 2020 regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia no 230, do 13.11.2020.

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
 a) Non ten que presentar solicitude:
   O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
 b) Ten que presentar solicitude:
   O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.