Durante a pasada semana, nas clases de Lingua Galega estivemos traballando por grupos a escritura creativa en lingua galega.

Dende bombeiros ata alineníxenas, pasando por pilotos de carreiras e arqueólogos, na clase houbo varias historias moi interesantes e de todos os tipos!

Ademais, cando todos os equipos remataron a súa historia, procedimos a contalas para ver que tipo de historias crearon os nosos compañeiros e compañeiras. Pasámolo moi ben con esta actividade!