Estes días na clase de  primeiro estamos a traballar o tempo meteorolóxico e farémolo a través dunha paisaxe de aprendizaxe.

Nesta ocasión comenzamos por abrir a paisaxe na nosa tableta e aprendemos a buscar a actividade que nos toca realizar. Pouco a pouco somos máis competentes dixitalmente e facemos este tipo de tarefas máis rápido e dun xeito máis eficaz. 

Despois traballamos en equipo e analizamos diferentes mapas para aprender os símbolos que se utilizan nos pronósticos do tempo.