Na parte de Cciencias Sociais, en 6º de primaria, seguimos traballando o tema da Idade Contemporánea. 

Fixemos un Comité de expertos onde investigamos os tipos de fontes orais ou escritas que existen, tivemos testemuños directos ou indirectos de parte da historia máis actual, e agora estamos metidos de cheo coa Revolución francesa. As súas causas, os efectos que conlevou, os seus protagonistas... e empezaremos coa Revolución industrial. 
Aos poucos imos dándolle forma ao noso porfolio.
Aquí vai unha pequena mostra.