Nas últimas sesións de Ciencias Naturais tocounos traballar o corpo humano, e en concreto os aparatos que o compoñen. 

Por esta razón, cada equipo cooperativo da clase elexiu un aparato e preparou unha mini clase para explicar ao resto de compañeiros e compañeiras o aparato que lles tocara. 

Estes futuros docentes, moi creativos, esforzáronse moito para que o resto da clase entendese ben as partes e o funcionamento do aparato que tiñan que explicar.

Deixámosvos algunhas fotos das súas sesións como profes.