Dentro do noso proxecto, unha das partes que traballamos foi a de coñecernos a nós mesmos. 

Por esta razón, gracias á axuda das familias, cada un de nós fixo un álbum de fotos personalizado no que escribiu os acontecementos máis importantes da súa vida, ano por ano. 

Despois compartímolo con toda a clase, e desfrutamos moito vendo as fotos dos compañeiros e compañeiras.

Coma sempre, ao rematar realizamos unha rutina de pensamento para reflexionar sobre o traballo feito, e tamén unha diana de autoavaliación para avaliar o noso trabajo.