Procedemento de admisión do alumnado - 2º Ciclo Infantil e Primaria
.
NORMAS REGULADORAS DO PROCESO
- No DECRETO establécense os principios e normas xerais da admisión do alumnado.
* Decreto 254/2012, do 13 de decembro
- Na ORDE desenvólvese o procedemento concreto para levar a cabo a admisión, coas concrecións máis precisas.
* Orde do 25 de Xaneiro do 2017 con modificacións a Orde do 12 de Marzo de 2013
Sinalar que de maneira opcional poderedes facer todos éstes tramites de modo online usando o portal da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
.
LISTAXE DE VACANTES
.
PRAZOS
.
- 1 ao 15 febreiro Reserva de praza en centro adscrito : Este trámite é solo para aqueles alumnos de 6º de Educación Infantil que desexen cambiar de centro e continuar os estudios o vindeiro ano nun dos centros adscritos a Casa Do Neno (Vilas Alborada, Apóstolo Santiago e Rodriguez Xixirei)
* ANEXO I Reserva de praza centro adscrito
- Os alumnos que están cursando 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria en Casa do Neno teñen garantizada a permanencia no centro para o vindeiro curso , polo que non teñen que participar no procedemento de admisión.
.
- Do 1 ao 20 de Marzo presentación de solicitudes de admisión: Este trámite é necesario para os alumnos de 3º de Educación Infantil (aula 2 anos) de Casa do Neno que queiran continuar os estudios en 4º de Educación Infantil no noso centro para o vindeiro curso e tamén é requisito para o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez no noso centro .
* Anexo II Solicitude de Admisión
* MAPA Google Earth Zona de Influencia Casa Do Neno
* Zonas de INFLUENCIA e LIMÍTROFES CASA DO NENO ( comparade co mapa xa que algunhas rúas están incluidas en ambas zonas )
* En caso de duda sobre a zona de influencia ou limitrofe que vos pertence non dudedes en chamar por telefono ao centro de Primaria ou escribir un correo a secretaría do centro. En todo caso as solicitudes serán revisadas e se se atopa algún erro ou dato incompleto comunicaraselle as familias para que o subsanen dentro do prazo.
.
- Dende o día 23 de Marzo ata o 5 de Abril. Rematado o prazo de solicitudes de praza, se hai máis solicitudes que prazas vacantes as familias solicitantes de praza deberán presentar a documentación acreditativa alegada no baremo.
* Instruccións sobre como acreditar os criterios de baremación.
.
- Antes do 25 de Abril publicaranse as listaxes provisionais de admitidos.
Todos os alumnos que solicitaron praza para o curso 2018-2019 están admitidos.
.
- Antes do 15 de Maio publicaranse as listaxes definitivas de admitidos.
.
- Do 20 ao 30 de Xuño, formalización de matrícula para os alumnos admitidos. A documentación deberá ser recollida de modo presencial no centro.
.
* Toda solicitude de admisión de novos alumnos tramitada fora de prazo, deberá presentarse na sede de Inspección Educativa de Santiago, sita no Edificio Mupega, Rúa San Lázaro, 109.