Na clase de Lingua Galega de hoxe repasamos algúns dos contidos traballados ao longo do trimestre, como son a utilización das letras /z/, /c/, /q/, /g/ ou /x/. 

Fixémolo a través de diferentes estacións de traballo nas que podiamos xogar 5 minutos antes de pasar á seguinte. Deste xeito, consolidamos contidos á vez que o pasamos súper ben traballando cos nosos compis de equipo.