Como cada ano o 23 de xuño  é a noite máis curta do ano, na que celebramos a festa do solsticio cas cacharelas de San Xoan, tradición de saltar a fogueira para festexar o comenzo do verán e protexerse da mala sorte.

Outra tradición e a de apañar as herbas de San Xoan (estalotes, fento, fiuncho, herbiña de San Xoán, malva, romeu, silva) para elaborar o cacho de San Xoán, unha vez recollidas as herbas, é costume metelas en auga e deixalas toda a noite ao aire libre e ao día seguinte lavar a cara para estar protexido do mal de ollo durante todo o ano e para rexuvenecer a pel.

Aquí deixamos fotos dos pequenos de primeiro ciclo de infantil celebrando a noitiña de San Xoan. Se queredes ver máis ollade no seu blogs de aula.