O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, acaba de anunciar en comparecencia televisiva, tras a celebración do Consello de Goberno da Xunta de hoxe, xoves, entre outras medidas para frear a expansión do coronavirus COVID-19, as seguintes:

A suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares, en TODAS as etapas educativas.  De maneira oficial,  a partir do luns día 16 de marzo.  Non obstante, recoméndase que xa mañá, venres, non se leven aos alumnos e alumnas aos colexios, que permanecerán abertos.

A suspensión inicial prevese de 14 días naturais.

Suspéndense, tamén calquera actos que reúnan a un número superior a 50 persoas.

De momento, nin o Portal Educativo nin a páxina web da Xunta de Galicia achegan máis información ao respecto. 

Iremos informando de todas as indicacións oportunas nas nosas redes sociais e a través da plataforma EDUCAMOS.