Como parte das actividades que se están a levar a cabo para celebrar o día e a semana das Letras Galegas no cole, este mércores recibimos a visita de Carlos García.

Carlos, entre outras cousas, foi un dos culpábeis de que a coñecida rede social Twitter puidese estar na nosa lingua, o galego. Durante o tempo que estivo connosco, contounos cómo foi todo o proceso para conseguir que unha empresa tan grande se dese conta de que se demandaba a existencia da lingua galega na súa rede social.

Así mesmo, Carlos tamén nos animou a ter unha forte conciencia lingüística ca nosa lingua, e tratar de preservala da mellor e máis sinxela maneira posible, utilizándoa e sen ter medo a facelo en calquera contexto.

Moitas grazas pola túa visita Carlos, e polas todas as túas palabras e consellos!